O pasao mércores achegáronse do centro Quérote + para realizar unha charla de sexualidade ao alumnado de 3º da ESO e FPBásica.
31/1/23
Charla ABAU/USC
24/1/23
Charla "Que ten que ver a química con nós?
Onte tivemos a sorte de contar con Ricardo Riguera Vega no noso IES. Este profesor da USC veu falarlle ao alumnado de Ciclo Superior de Química Industria da conexión entre a Química e a vida cotiá de todos nós, con exemplos de produtos naturais, fármacos, plásticos e outros compostos que empregamos todos os días. Tamén se mostraron exemplos comúns dos procesos baseados na biotecnoloxía, a ecoloxía e as nanociencias.
Concurso de Oratoria IES Marqués de Sargadelos
Despois da celebración do concurso o pasado martes 17 de xaneiro, o xoves 19 entregáronse os premios ás gañadoras de ambas as categorías:
Blanca Zan F., alumna de 2º de Bacharelato e Clara Paz M., alumna de 2º de ESO.
Entregáronse tamén uns agasallos a todo o alumnado participante así como a dúas alumnas que formaron parte do xurado.
Charla "Todo está conectado: as pegadas ambientais da actividade industrial"
O pasado xoves 19 de xaneiro a profesora da USC Almudena Hospido Quintana realizou unha conferencia telemática sobre as pegadas ambientais da actividade industrial para o alumnado de 1º e 2º de Ciclos Formativos de Química Industrial.
Tratáronse temas como que a pegada de carbono mide as emisións totais de gases de efecto invernadoiro ao longo do ciclo de vida dun produto, expresadas en unidades de CO2 equivalente. A pegada hídrica mide os posibles impactos ambientais relacionados co uso da auga. A través dun caso de estudo realizado en colaboración cunha conserveira galega, presentáronse ambos os indicadores e o seus respectivos procedementos de cálculo e normas ISO que os regulan. Ademais visibilizaron a vinculación de ambas as pegadas e a súa implicación na toma de decisións relativa á escolla da localización máis axeitada para proxectos de forestación (como exemplo de acción de mitigación dos efectos do cambio climático).
Deixámosvos algunhas fotos do momento.