BIBLIOTECA IES MARQUÉS DE SARGADELOS.

22/3/22

A BIBLIOTECA CO RALLY MATEMÁTICO.

Coma cada curso, hoxe tocou participar no “Rally matemático 2022”. Con ilusión e agardando resultados para pasar á seguinte fase.






 

GRAVACIÓN DO PROGRAMA DA TVG "Non o chames amor".

 

Esta mañá, a produtora NORTIDEAS realizou no noso centro unha serie de gravacións que formarán parte do programa “Non o chames amor”. Retransmitirase na TVG probablemente o próximo inverno. Un programa de entrevistas e opinións sobre como percibe e vive a xente moza a sexualidade.

Unhas imaxes da gravación realizadas no día de hoxe.

 











10/3/22

DÍA DA MULLER 2022. ALGUNHAS PROPOSTAS LECTORAS PARA ESTE DÍA.


 

CONFERENCIA DE XURXO MARIÑO. A PROPÓSITO DO SEU LIBRO: "Unha mente que voa. Unha mirada á evolución da linguaxe."

Agora mesmo, ao ler estas liñas, estás a utilizar a habilidade máis sorprendente e extraordinaria da túa mente: a linguaxe, unha ferramenta única que usamos os humanos modernos para elaborar o pensamento e para comunicar todo tipo de ideas dunha mente a outra. É algo que nos diferencia de todos os demais seres vivos coñecidos. Ningún outro animal posúe algo remotamente similar, xa que no seu caso manexan sistemas de comunicación que carecen do simbolismo e a sintaxe propios da linguaxe. Como xurdiu está capacidade única dos humanos? A evolución da linguaxe é un dos problemas máis fascinantes da ciencia actual. Este atractivo libro do neurocientífico e divulgador Xurxo Mariño é unha aventura de misterio na que pouco a pouco van aparecendo pistas sobre o desenvolvemento da nosa capacidade lingüística, tanto a medida que remexemos na evolución biolóxica e cultural do xénero Homo, como tamén observando os cambios que se producen durante os primeiros anos de vida das nenas e nenos.