BIBLIOTECA IES MARQUÉS DE SARGADELOS.

31/10/23

Microrrelatos de terror

O alumnado de 2° de ESO B elaborou na materia de Lingua castelá e literatura estes microrrelatos terroríficos para conmemorar o Samaín 2023.

Pasade pola biblioteca para lelos!











Samaín 2023

 A biblioteca do noso centro xa está  terroríficamente ambientada para a noite de Samaín. 








19/10/23

Prevención de consumo de drogas e adiccións sen substancias

 Hoxe o alumnado de FPBásica e de 3° de ESO tiveron un encontro con persoal do centro Quérote+ para falar sobre a prevención de consumo de drogas e das adiccións sen substancias.

O obxectivo desta actividade é compartir información fiable sobre drogas e sobre riscos asociados ao seu consumo.














17/10/23

Charla orientación laboral

Hoxe o alumnado de FPBásica e 4° de ESO recibiu unha charla sobre orientación laboral impartida por Natalia González Piñeiro.
Durante esta primeira sesión foron informados/as sobre os tipos de Curriculum Vitae, o que é a Marca persoal, os erros nun CV e finalmente realizaron unha actividade grupal.



















6/10/23

Premio Nobel de Literatura 2023

 O autor noruego Jon Fosse resultou o gañador do Premio Nobel de Literatura do ano 2023. Elaboramos un pequeno panel con información sobre a súa traxectoria e destacamos un fragmento dunha obra súa para dar a coñecer o seu estilo literario.





3/10/23

Novidades editoriais

 No expositor da entrada colocamos algunhas novidades editoriais. Animádevos a coñecelas e levade algunha en préstamo!