BIBLIOTECA IES MARQUÉS DE SARGADELOS.

22/11/23

Que non te líen. Ti elixes

Onte o alumnado de 3° e 4° da ESO participou nunha charla do Programa educativo "Que non te líen, ti elixes". Este programa ten como obxectivo favorecer a orientación vocacional libre de estereotipos na elección de itinerarios formativos enfocados nos ciclos de formación profesional con menor presenza de mulleres.

Con esta charla preténdese estimular o espírito crítico na identificación de estereotipos sexistas asociados a determinadas profesións masculinizadas, ofrecer respostas baseadas na lóxica e na investigación científica sobre a cuestión de como os estereotipos deciden por nós, contrastar as condicións laborais derivadas dos diferentes ámbitos e sectores profesionais, pór en común datos sobre a representación feminina nos ciclos de FP e profesións masculinizadas e nomear mulleres referentes de éxito en ámbitos profesionais con reducida presenza feminina.