26/4/24

Entrega de premios aos gañadores no torneo de xadrez

 

Entrega de premios aos gañadores deste II Torneo de Xadrez. Agradecemos a todos os xogadores (11) a súa participación e agasallamos a todos eles cun vale para a cafetería do instituto. Felicitamos aos 4 gañadores, estes últimos recibiron un vale para ser canxeado por material de papelería ou librería. Agradecemos tamén ao profesor Rubén Ceñal a súa colaboración na organización e supervisión de todas as partidas.

 O 1º premio foi para Enzo Juárez Exposito, de 1º de Bacharelato, o 2º para Iker Teixeira Amate, de 4º ESO, o 3º para Mateo Melón Suárez, de 3º ESO e o 4º para Daniel Gómez Lamelas, de 4º ESO.