27/3/26

AS MATEMÁTICAS DETRÁS DO IMPOSIBLE

 

As matemáticas tamén son maxia!

O alumnado de 2º ESO viviu unha experiencia diferente da man de Daniel, O Mago Errante. Co espectáculo "As matemáticas detrás do imposible", descubriron que a lóxica e a ilusión poden ir da man.

Unha actividade organizada polo Departamento de Matemáticas  na biblioteca do noso centro para aprender, sorprenderse... e mirar os números con outros ollos.



26/3/26

Premios IV Torneo de Xadrez


Rematamos o torneo con grandes partidas e moito nivel!

Os gañadores na dúas categorías son:

  • Ainara Burgos Ocaña (2º ESO)
  • Víctor Manuel García Rodríguez (3º ESO)
Noraboa polo voso traballo, concentración e espírito competitivo!
Grazas tamén a todo o alumnado que participou e fixo desta actividade unha experiencia incrible.

Seguimos fomentando o gusto polo xadrez!


17/3/26

DÍA INTERNACIONAL DO CÓMIC

 Hoxe, 17 de marzo, celebramos o Dia Internacional do Cómic.

Esta data conmemora a importancia do cómic como forma de expresión artística e cultural, recoñecendo o seu valor na literatura e na creación de historias que chegan a todas as idades.

Na biblioteca do centro atoparedes un recuncho especial con suxestións de cómics para todos os gustos: historia, manga, aventura, humor, misterio,...

Animádevos a descubrir novas historias en viñetas!

Pásate, bótalle un ollo e leva o teu favorito!



13/3/26

Charla MULLERES EN ALCOA

 Dentro da conmemoración do 8M, o venres 13 de marzo celebramos no noso IES unha charla da Fundación ALCOA, dirixida ao alumnado de 1º e 2º de Bacharelato e 1º curso do Ciclo Superior de Química Industrial.

Un encontro moi enriquecedor no que traballadoras das plantas de Alcoa compartiron a súa experiencia profesional co alumnado do centros educativos da súa contorna.

O obxectivo?
- Dar visibilidade ás carreiras técnicas.
- Promover vocacións científico-tecnolóxicas.
- Achegar referentes femininos ao ámbito industrial.

Un paso máis para inspirar o talento do futuro!

5/3/26

TORNEO DE XADREZ

O xoves 26 de febreiro comezou na biblioteca o noso Torneo de Xadrez no IES Marqués de Sargadelos, no segundo recreo.